Unha candidata á “explosión máis grande nunca antes vista”


See Explanation. Clicking on the picture will download the highest resolution version available.
Créditos da ilustración: Jin Ma (Beijing Planetarium)
Explicación: é candidata á explosión máis potente e máis brillante endexamais ollada antes; que é? O punto fulgurante de luz foi atopado polo All Sky Automated Survey for Supernovae (ASASSN ou “exploración automática de todo o ceo na procura de supernovas”) en xuño do ano pasado e etiquetouse como ASASSN-15lh. A fonte, situada a uns tres mil millóns de anos luz de distancia, semella tremendamente brillante para calquera cousa tan afastada: aproximadamente 200 veces máis brillante que unha supernova media, e temporalmente 20 veces máis brillante ca todas as estrelas da nosa galaxia Vía Láctea combinadas. De ser a luz emitida por ASASSN-15lh nesta cantidade en todas as direccións á vez, sería a explosión máis potente gravada ata o de agora. Non se coñece ningún obxecto estelar que poida crear unha explosion tan potente, aínda que empurrando os límites teóricos dunha estrela de neutróns lentas e altamente magnéticas, un magnetar, chegamos preto. Asumindo que a labarada se atenúe como se agarda máis adiante neste ano, os astrónomos están a planear empregar telescopios, incluíndo ao Hubble, para ampliar a rexión e obter máis indicios. A ilustración artística apublicada enriba representa un hipotético ceo nocturno dun planeta situado na galaxia que alberga o estoupido.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.