De onde viñeron os teus elementos

See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.

Créditos da imaxe: Cmglee (traballo propio) CC BY-SA 3.0 ou GFDL, via Wikimedia Commons
Explicación: o hidróxeno do teu corpo, presente en todas as moléculas de auga, procede do Big Bang. Non hai fontes destacadas de hidróxeno no Universo. O carbono do teu corpo creouse por fusión nuclear no interior de estrelas, ao igual que o osíxeno. Gran parte do ferro do teu corpo formouse durante supernovas de estrelas que ocorreron hai moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias probablemente se fabricou en estrelas de neutróns durante colisións que as fixeron visibles como estoupidos de raios gama de corta duración. Os elementos coma o fósforo mailo cobre están presentes nos nosos corpos só en cantidades pequenas pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A táboa periódica dos elementos publicada está codificada en cor para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de todos os elementos coñecidos. Os lugares de creación nuclear dalgúns elementos, como o cobrer, non se coñecen realmente moi ben e seguen sendo materia de investigación observacional e computacional.