Estouridos no cúmulo estelar R136

See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.
Créditos da imaxe: NASA, ESA e F. Paresce (INAF-IASF), R. O’Connell (U. Virginia) mailo HST WFC3 Science Oversight Committee

Explicación: no centro da rexión de formación estelar 30 Doradus atópase un enorme cúmulo que contén algunhas das estrelas máis grandes, quentes e masivas que se coñecen. Estas estrelas, denominadas colectivamente coma cúmulo estelar R136, foron captadas na imaxe publicada en luz visible pola Wide Field Camera 3 en 2009 mirando polo Telescopio Espacial Hubble. As nubes de gas e po de 30 Doradus, tamén coñecidas coma a nebulosa Tarántula, foron esculpidas en formas alongadas polos potentes ventos e a radiación ultravioleta procedente destas estrelas quentes do cúmulo. A nebulosa 30 Doradus está no interior dunha galaxia veciña coñecida coma a Gran Nube de Magallanes e localízase a só 170.000 anos luz de distancia.