A nebulosa California


See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Farmakopoulos Antonis

Explicación: que está a facer California no espazo? Esta nube cósmica , que vai á deriva polo Brazo de Orión da galaxia espiral da Vía Láctea, por casualidade lembre o perfil de California na costa oeste dos Estados Unidos. O noso propio Sol tamén se atopa no interior do Brazo de Orión, da Vía Láctea, a tan só 1.500 anos luz desde a nebulosa California. A clásica nebulosa de emisión, tamén coñecida coma NGC 1499, ten uns 100 anos luz de lonxitude. Na imaxe publicada, o brillo máis destacado da nebulosa California é a característica luz vermella dos átomos de hidróxeno que se recombinan cos electróns perdidos previamente, arrincados (ionizados) pola potente luz estelar. Probablemente, a estrela que está a fornecer coa potente luz estelar que ioniza gran parte do gas nebular é a brillante, quente e azulada Xi Persei, xusto á dereita da nebulosa. A nebulosa California, un obxetivo habitual para os astrofotógrafos, pode descubrirse cun telescopio de campo amplo baixo un ceo escuro cara a constelación de Perseus, non lonxe das Pláiades.