Tormenta solar: unha exección de masa coronal

CMEsun_soho_960
Créditos da imaxe: NASA, ESA, SOHO Consortium
Explicación: que lle está a acontecer ao noso Sol? Outra Exección de Masa Coronal (CME)! A sonda espacial SOHO que está a orbitar o Sol fotografou moitos filamentos en erupción despegando da activa superficie solar e inchando enormes burbullas de plasma magnético no espazo. A luz directa do Sol está bloqueada na parte interior da imaxe publicada, tomada en 2002, e reemplazada por unha imaxe simultánea do Sol en luz ultravioleta. O campo de vista esténdese ata uns dous millóns de quilómetros da superficie solar. Mentres os indicios destes eventos explosivos, chamados execcións de masa coronais ou CMEs, se descubriron por naves espaciais a comezos dos 70, esta imaxe espectacular forma parte dun rexistro polo miúdo do desenvolvemento destas CME da sonda espacial SOHO, actualmente en funcionamento. Preto do máximo do sciclo de actividade solar, agora as CME ocorren normalmente varias veces por semana. As potentes CME poden influír fondamente na climatoloxía espacial. Aquelas que se dirixen directamente cara o noso planeta poden ter efectos serios.