A galaxia espiral barrada NGC 1300

ngc1300_hst_960Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team, ESA, NASA
Explicación: a grande e fermosa galaxia espiral barrada NGC 1300 atópase a uns 70 millóns de anos luz de distancia na beira da constelación Eridanus. Esta imaxe composta do Telescopio Espacial Hubble do espectacular universo illa é unha das imaxes máis grandes que o Hubble nunca fixo dunha galaxia completa. NGC 1300 abarca uns 100.000 anos luz e a imaxe do Hubble desvela detalles emocionantes da barra central dominante da galaxia e dos maxestosos brazos espirais. De feito, nun exame achegado do núcleo desta clásica espiral barrada amosa por si mesma unha zona destacada da estructura espiral duns 3.000 anos luz de diámetro. Como outras galaxias espirais, incluíndo á nosa propia Vía Láctea, pénsase que NGC 1300 ten un burato negro central supermasivo.