Os cometas e a estrela brillante


See Explanation.  Clicking on the picture will download the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Explicación: este oportuno mosaico telescópico, de dos paneis, abarca unhas 10 lúas cheas ao través dos ceos que preceden ao mencer do planeta Terra. Gravados canto o ano comezaba desde Tenerife (Illas Canarias), preto da parte superior da imaxe vemos as tenues coma cola do cometa Borrelly (P/19). Un cometa cun periodo orbital de sete anos, o núcleo do Borrelly foi visitado pola sonda espacial Deep Space 1, de motor iónico, preto do comezo do século XXI. A xeito de áncora da escena está a brillante estrela Arcturus (Alpha Bootes) mailo cometa Catalina (C/2013 US10), un visitante primeirizo procedente da nube de Oort. A amarelada cola de po de Catalina esténdese or abaixo e á dereita. Batida polos ventos e tormentas do Sol, a complexa cola iónica do cometa estrícase cara a dereira, atravesando a maior parte do campo de vista. De xeito abraiante, unha das exposicións de 30 segundos da composición tamén capturou o ronsel dun brillante meteoro, cortando cara a esquerda entre os cometas e a brillante estrela.