Solpor terrestre desde a Lunar Reconnaissance Orbiter

Earthrise_LRO_960Créditos da imaxe: NASA/GSFC/Arizona State U./Lunar Reconnaissance Orbiter
Explicación: sobre a Lúa, a Terra cunha mence; nin se pon. Se estiveras sentado na superficie da Lúa, verías a Terra pendurando no ceo. Iso é porque a Lúa sempre mantén a  mesma faciana cara a Terra. Curiosamente, a imaxe publicada representa á Terra poñéndose sobre o bordo lunar. Estó foi posible porque a imaxe foi tirada desde a sonda espacial que orbita a Lúa; especificamente o Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO ou Orbitador de Recoñecemento Lunar). De feito, o LRO orbita a Lúa tan rápido que, desde a nave, a Terra parece que se pon de novo cada unhas dúas horas. A imaxe publicada captou un deses solpores terrestres hai uns tres meses. En contraste, desde a superficie da Terra, a Lúa ponse case unha vez ao día; sendo a causa principal a rotación da Terra. O LRO foi lanzado en 2009 e, mentres creaba un mapa tridimensional polo miúdo da superficie da Lúa, está tamén a explorar a Lúa na procura de auga e posibles lugares de aterraxe bos para futuros astronautas.