Luces do ceo no aninovo

AuroraAustralis_FryCréditos da imaxe e copyright: Gill Fry
Explicacion: unha moderada tormenta xeomagnética, desencadeada polo impacto dunha exección de masa coronal na víspora do aninovo, trouxo onte unha celebración con luces no ceo nas latitudes elevadas do planeta Terra. Nesta paisaxe nocturna de aninovo, as escintilantes cortinas avermelladas da aurora austral ao longo dun horizonte sur son captadas sobre Morgiana, Victoria Sudoccidental (Australia). Naturalmente, hai na escena xoias máis permanente dos ceos do hemisferio sur. A Vía Láctea meridional, Alfa e Beta Centauri e as estrelas brillantes da Cruz do Sur están á esquerda. En silueta, as gallas dunha gran árbore en primeiro plano estrícanse ao través das galaxias satélite da Vía Láctea, as nubes de Magallanes Grande e Pequena. A estrela brillante enmarcada preto da parte superior das polas da árbora á dereita é Achernar, a estrela alfa da constelación Eridanus e coñecida ás veces coma o final sur do río.