Aterraxe da primeira etapa do Falcon 9


Créditos do vídeo: SpaceX
Explicación: o foguete aterrou. O voo espacial deu un paso significativo cara o abaratamento a semana pasada cando a primeira etapa dun foguete Falcon 9 se pousou sobre unha plataforma de aterraxe non lonxe do seu despegue de Florida. Ata o de agora, a maior parte das etapas de foguetes ficaban sen recuperar; coa significativa excepción das aterraxes dos Transbordadores Espaciais dun xeito desbocado e os seus foguetes auxiliares de combustible sólido que se pescaban desde o mar. A aterraxe ocorreu mentres a segunda etapa do Falcon 9 continuaba a subir para lanzar varios satélites de comunicacións na órbita baixa da Terra. A aterraxe controlada, producida por SpaceX, foi a primeira da súa clase, pero seguiu a unha aterraxe dun foguete o mes anterior por Blue Origin que non supuxo a liberación de satélites. Boeing e SpaceX foron escollidas o ano pasado pola NASA para levar aos futuros astronautas ata a IEstación Espacial Internacional. Analizarase o deterioro e posible recuperación do foguete das imaxes, pero despois está previsto que se retire.