O po da nebulosa de Orión

OrionDust_Fraile_960Créditos da imaxe e copyright: Raúl Villaverde Fraile
Explicación: que arrodea a unha sementeira de formación estelar? No caso da nebulosa de Orión; po. O campo completo de Orión, situado a uns 1.600 anos luz de distancia, está inundado de filamentos enguedellados e pintorescos. Opaco para a luz visible, o po é creado na atmosfera máis exterior de estrelas frías masivas e expulsado por un potente vento estelar de partículas. O Trapezo e outros cúmulos de formación estelar están incrustados na nebulosa. Os intricados filamentos de po que arrodean a M42 e M43 aparecen marróns na imaxe superior, mentres o gas brillante do centro está salientado en vermello. Durante os vindeiros millóns de anos gran parte do po de Orión será destruído paseniñamente polas numerosas estrelas que se están a formar agora, ou esparexido no interior da galaxia.