Cores estelares e piñeiro con piñóns

SHonda-pinyon-scorpius1024Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda
Explicación: a decoración luminosa e fermosa deste piñeiro son realmente estrelas brillantes da constelación Scorpius e o brillo tenue da Vía Láctea central. O foco superficial e achegado da imaxe retratou o arume dos piñeiros nunha póla enfocada, pero coas estrelas afastadas borrosas, coa súa luz esparexida en cores moi coloridas, tal e como se captou en xuño desde a crista norte do Gran Canón do planeta Terra. Como é ben sabido, a temperatura determina a cor dunha estrela. A maioría das estrelas brillantes e desenfocadas de Scorpius amosan unha cor azul dominante, as súas temperaturas superficiais son moito máis quentes cá do Sol. Máis fría e grande dó Sol, e claramente máis vermello na escena, é a estrela xigante Antares no corazón do escorpión. En imaxes telescópicas enfocadas do disco abrancazado da parte superior dereita sería recoñecido de inmediato, reflectindo a luz do Sol coma o xigante gasoso de aneis Saturno.