Solsticio alumeado: un ano de Sol

Créditos do vídeo e copyright: Ken Murphy (MurphLab); Música: Ariel (Moby)

Explicación: das atopado que día é o solsticio de inverno? Cada panel amosa un día. Con 360 paneis no vídeo, o ceo dun ano completo (ou case) amósase no formato de vídeo secuencia tal e como se gravou cunha vídeo-cámara no teito do museo Exploratorium de San Francisco (California). A cámara gravou unha imaxe cada 10 segundos desde antes do mencer deica despois do solpor e desde mediados de 2009 ata mediados de 2010. Unha marca temporal que amosa a hora local do día aparece no extremo inferior dereito. Os vídeos están organizados de xeito cronolóxico, co 28 de xullo na parte superior esquerda e o 1 de xaneiro máis ou menos a medio camiño. Nos vídeos, a escuridade indica noite, os cadros azuis días claros, mentres que os retratos grises apuntan a días con persistencia de nubes. Moitos vídeos amosan deseños complexos de nubes que se moven por todo o ceo polo campo de vista da cámara mentres progresa o día. A escuridade inicial do medio representa o atraso do mencer e o menor número de horas de luz do inverno. Aínda que cada día dura 24 horas, as horas nocturnas duran máis no hemisferio norte en decembro e nos meses ao redor do inverno. Por tanto, ao atopar o panel coa noite máis longa localizarás o día do solsticio de inverno; que resulta ser hoxe no hemisferio norte. Mentres os vídeos rematan de xeito colectivo, o solpor e entón a escuridade diminúen por primeira vez nos días de inverno xusto por riba do medio, e duran ata mediados do verán preto do fondo.