Correntes estelares e a galaxia da Balea

gabanyNGC4631withSatStream1063Créditos a imaxe e copyright: R Jay Gabany (Blackbird Observatory)
Colaboración: David Martínez-Delgado (Universidade de Heidelberg), et al.
Explicación: NGC 4631 é unha galaxia espiral que se atopa a só 25 millóns de anos luz de distancia, cara a dócil constelación setentrional de Canes Venatici. Ollada de canto, a galaxia ten un tamaño similar á Vía Láctea. A súa forma de cuña retorta suxírelle a algúns un arenque a outros o seu alcume popular: a galaxia Balea. A compañeira elíptica pequena e bastante brillante da gran galaxia, NGC 4627, atópase xusto por riba do seu núcleo poeirento amarelado, pero tamén se poden identificar as galaxias ananas e tenues, descubertas recentemente, no interior do halo de NGC 4631. De feito, os rasgos débiles e estensos por baixo (e por riba) de NGC 4631 sábese agora que son correntes estelares de marea; que veñen a ser remanentes dunha galaxia anana satélite rachada polos repetidos encontros coa Balea que comezaron hai uns 3.500 millóns de anos. A presenza de correntes estelares de marea é predicida, incluso en galaxias achegadas, polos modelos cosmolóxicos de formación galáctica, incluíndo a formación da nosa propia Vía Láctea.