Herbig-Haro 24

hs-2015-42-a-largeHH241024Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI / AURA) / Hubble-Europe Collaboration
Agradecementos: D. Padgett (GSFC), T. Megeath (University of Toledo), B. Reipurth (University of Hawaii)
Explicación: isto ben podería semellarse a unha espada láses de dobre folla, pero estes dous chorros cósmicos realmente proceden dunha estrela recén nada nunha galaxia achegada a ti. Esta escena espectacular, construída a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble, aarca máis ou menos medio ano luz ao través de Herbig-Haro 24 (HH 24), a uns 1.300 anos luz ou 400 parsecs de distancia na gardería estelar do complexo de nubes moleculares Orion B. A protoestrela central HH 24, agochada da visión directa, está arrodeada por po frío e gas aplanado nun disco de acreción en rotación. Cando o material do disco cae cara o novo obxecto estelar arrequece. Os chorros opostos son disparados ao exterior ao longo do eixo de rotación do sistema. Os potentes chorros, que cortan o material interestelar da rexión, producen unha serie de frontes de choque brillantes ao longo do seu camiño.