Plutón: das montañas ás chairas

PlutoCloseUp_NewHorizons_1080Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI
Explicación: como son as vistas más definidas nunha antes olladas de Plutón? Mentres a sonda espacial automática New Horizons se move cara o Sistema Solar exterior, está enviando agora algunhas das imaxes en resolución máis alta do seu histórico encontro de xullo con Plutón. A que se amosa aquí, unha imaxe de alta resolución, é unha recibida recentemente. Á esquerda están os montes al-Idrisi, terras altas montañosas que se pensa están compostas fundamentalmente de blocos de nitróxeno líquido. Unha definida liña costeira de transición diríxenos ás chairas de xeo, á dereita, que forman parte do accidente xeográfico con forma de corazón coñecido coma Sputnik Planum. Aínda se descoñece por que as chairas teñen esa textura de buratos de xeo e segmentos. A fotografía foi tomada uns 15 minutos antes do achegamento máis próximo e amosa unha área duns 30 quilómetros de diámetro. A nave espacial New Horizons ten programado un sobrevoo polo obxecto 2014 MU 69 do cinto de Kuiper o día de Aninovo de 2019.