Cando as xemínidas envían estrelas ao Paranal

ParanalGeminids_Guisard_1080Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN
Explicación: desde un punto radiante na constelación dos Xemelgos, a chuvia anual de meteoros das xemínidas caen sobre o planeta Terra. Esta noite, as xemínidas chegan ao seu máximo e podería ser bastante espectacular. Porén, a imaxe combinada publicada, captaba un máximo impresionante da chuvia do ano 2012. A fermosa paisaxe celetes recompilaba encantadoras estrelas fugaces das xemínidas unha coidadosa composición de 30 exposicións, cada unha de 20 segundos, desde a escuridade do deserto chileno de Atacama sobre o Observatorio Paranal do ESO. No primeiro plano os catro Telescopios Moi Grandes do Paranal, catro Telescopios Auxiliares e o telescopio de sondaxes VLT  están todos abertos e observando. O ceo superior está compartido co brillante Xúpiter (esquerda), Orión (arriba á esquerda) e unha luz feble da Vía Láctea. O po varrido da órbita do asteroide activo 3200 Phaethon, os meteoros das xemínidas entran na atmosfera da Terra viaxando a uns 22 quilómetros por segundo.

18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD. Con X. Dosi Veiga, o tradutor deste lugar.