O cometa atopase coa lúa e a estrela matutina

See Explanation.  Clicking on the picture will download
 the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Greg Hogan
Explicación: unha Lúa crecente e un Venus brillante atopáronse nos ceos previos ao mencer do 7 de decembro, unha conxunción fermosa das dúas almenaras máis brillantes do planeta Terra tralo Sol. Máis difícil de mirar pero tamén na escena era o cometa Catalina (C/2013 US10). O cometa máis tenue amosaba claramente dúas colas, a parte nocturna lunar, o brillante crecente luar alumeado polo Sol e a brillante estrela matutina, son gravados todos aquí pola combinación de exposicións curtas e longas do mesmo campo de vista. A cola de po do Catalina, apuntando abaixo e á dereita, tende a seguir a órbita do cometa. A súa cola iónica, en ángulo cara arriba e á esquerda do cadro, estrícase oposta ao Sol. O novo visitante da nube de Oort, descuberto en decembro de 2013, estivo no punto máis achegado ao Sol o 15 de novembro e agora vai cara o exterior, dirixíndose ao seu achegamento máis próximo á Terra a mediados de xaneiro.

Ollar: as Xemínidas