A lúa atopa á estrela matutina durante o día

MoonVenus_Occultation2_1024Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden
Explicación: agora, Venus aparece coma a brillante estrela matutina da Terra, ficando aliñado con máis planetas por riba do horizonte surleste antes do mencer. Ademais, a almenara celeste prateada erguíase antes do mencer facendo parella próxima cun crecente vello da Lúa o luns, 7 de decembro. Pero tamén se ollou desde localidades amplamente distribuídas de América do Norte e do Centro como o crecente lunar ocultaba realmente ou pasaba por diante de Venus durante as horas de luz solar do luns. A serie temporal segue o achegamento durante o día da Lúa e a estrela matutina nos ceos azuis e despexados de Phoenix, Arizona. O progreso de nove instantáneas telescópicas moi claras, feitas entre as 9:30 a.m. e as 9:35 a.m. hora local, van desde a parte inferior esquerda á parte superior dereita, cando Venus se esvaeu por tras do brillante limbo lunar.

18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD. Con X. Dosi Veiga, o tradutor deste lugar.