Emerxe o cometa Catalina

CometCatalina_Hemmerich_960Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Explicación: o cometa Catalina está listo para o seu máximo achegamento. A bóla de neve xigante procedente do Sistema Solar exterior, coñecido formalmente coma C/2013 US10 (Catalina), arrodeou o Sol o mes pasado e agora está a dirixirse cara o seu achegamento máis próximo á Terra en xaneiro. Agora, co brillo da Lúa fóra do seu camiño, os observadores matutinos do hemisferio setentrional da Terra están acadando a súa mellor vista do novo cometa. E o cometa Catalina non está a decepcionar. Aínda que non tan brillante coma as primeira predicións, o cometa está a amosar ámbalas dúas colas, de po (parte inferior esquerda) e iónica (arriba á dereita), converténdoo nun obxecto impresionante para prismáticos e cámaras de longa exposición. A imaxe publicada foi tomada a semana pasada desde as illas Canarias, preto da costa noroeste de África. Os afeccionados ao ceo de todo o mundo seguramente estarán a perseguir o cometa durante os vindeiros meses para ollar como evoluciona.