O efecto Casimir: unha forza do espazo baleiro

casimirsphere_mohideen_960Créditos da imaxe e copyright: Umar Mohideen (U. California en Riverside)
Explicación: esta bóla diminuta proporciona evidencias de que o Universo se expandirá eternamente. A bóla, que mide pouquiño máis dunha décima de milímetro, móvese cara unha placa plana en resposta ás fluctuacións enerxéticas do baleiro do espazo. A atracción coñécese coma o efecto Casimir, denominado polo seu descubridor quen, hai 55 anos, estaba tentando comprender por que os fluídos como a maionesa se move tan paseniñamente. Hoxe, as evidencias indican que a maior parte da densidade de enerxía do Universo esta nunha forma descoñecida alcumada enerxía escura. A forma e a xénese da enerxía escura é descoñecida case por completo, pero postúlase coma relacionada coas fluctuacións do baleiro semellantes ao efecto Casimir pero xerado dalgún xeito polo propio espazo. Esta enorme e misteirosa enerxía escura semella repeler gravitatoriamente toda a materia e por tanto posiblemente provoque que o Universo se expanda sempre. A comprensión da enerxía do baleiro está en primeira liña de investigación non só para entender mellor o noso Universo senón tamén para evitar que as partes da micro-máquina mecánica batan entre si.