O Cisne: burbulla e crecente

ngc6888_soap_eder_m1024Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder
Explicación: esstas nubes de gas e po vagan ao través de richos eidos estelares ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara a constelación de altos voos Cygnus. Dentro do campo telescópico de vista capturouse á Burbulla de Xabrón (abaixo esquerda) maila Nebulosa do Crecente (arriba dereita). Ámbalas dúas formáronse nunha fase final da vida dunha estrela. O Crecente, tamén coñecido coma NGC 6888, colleu forma mentres a súa brillante e masiva estrela central WR 136, de tipo Wolf-Rayet, sementaba a súa envoltura máis exterior nun potente vento estelar. Queimando combustible a unha velocidade prodixiosa, WR 136 está preto do final dunha vida curta que debería rematar nunha espectacular explosión de supernova. A recentemente descuberta nebulosa Burbulla de Xabrón é probablemente unha nebulosa planetaria, a mortalla final dunha estrela de tipo solar, de menor masa y longa vida, destinada a converterse nunha anana branca que se arrefría paseniñamente. Mentres ambas están a uns 5.000 anos luz de distancia, a máis grande nebulosa do Crecente ten uns 25 anos luz de diámetro.