Enceladus: o mundo acuático nun lugar privilexiado

EnceladusRingsPIA18343Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: a lúa xeada Enceladus de Saturno posa por riba dos aneis xeados do xigante de gas nesta fotografía da nave espacial Cassini. A espectacular escena foi captada o 29 de xullo, mentres a Cassini cruzaba xusto por baixo do plano dos aneis, coas súas cámaras mirando cara atrás máis ou menos na dirección do Sol a un millóns de quilómetros desde o brillante crecente da lúa. Con 500 quilómetros de diámetro, Enceladus é unha lúa abraiantemente activa, cos seus destacados géyseres do polo sur visibles descargando máis alá do escuro limbo meridional. De feito, os datos recompilados durante os sobrevoos da Cassini e os anos de fotografías desvelaron recentemente a presenza dun océano global de auga líquida por baixo da codia xeada da lúa. Demostrando a prometedora estensión global da capa líquida, a análise polo miúdo indica que a superficie e o núcleo non están conectados rixidamente, xa que Enceladus abala lixeiramente adiante e atrás na súa órbita.