O solsticio do Sol na cala Lulworth

20151221LulworthCove-reKotsiopoulos1024Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)
Explicación: Aunha exposición meridional e unha simetría excepcional fixeron da cala Lulworth, na costa Xurásica de Inglaterra (planeta Terra), un fermoso solpor durante este solsticio de decembro. Esta composición espectacular de cinco fotogramas segue o arco máis baixo do Sol, desde o mencer deica o solpor, durante o día máis curto do ano. O arco do solsticio abarca uns 103 graos nesta latitude norte. Por suposto, a eroxión pola acción das ondas creou a singular feitura da cala con estratos de caliza costeira. A estreita abertura da cala é a responsable, creando un patrón de difracción de ondas circulares que se fixo máis claro co ángulo baixo do Sol.