No centro da galaxia espiral NGC 3521

ngc3521_hstGendler_960Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e S. Smartt (Queen’s University Belfast); Agradecementos: Robert Gendler
Explicación: esta enorme masa xiratoria de estrelas, gas e po ocorre preto do centro unha galaxia espiral achegada. A espectacular espiral NGC 3521 está a tan só 35 millóns de anos luz de distancia, cara a constelación Leo. A súa rexión central, que abarca uns 50.000 anos luz, amósase nesta imaxe espectacular, construída a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble. Esta imaxe en primeiro plano salienta características múltiples da galaxia, os seus brazos espirais irregulares, moteados e amalloados con po e cúmulos de estrelas azuis e novas. En contraste, moitas espirais grandes amosan brazos espirais moi amplos. NGC 3521, unha galaxia relativamente brillante no ceo do planeta Terra, pode ollarse con telescopios pequenos, pero a miúdo omitida polos fotógrafos afeccionados en favor doutras galaxias espirais de Leo, coma M65 e M66.

Cita co Universo: calendarios de parede do APOD 2016
18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD.