Fervenzas de area escura en Marte

almosttrees_mro_960Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA
Explicación: podería semellar que hai árbores en Marte, pero non o son. Fotografáronse grupos de raias marrón escuro pola Mars Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento de Marte) en dunas rosadas de area fundente cubertas de xeada clara. A imaxe superior foi tirada en abril de 2008 preto do Polo Norte de Marte. Nese intre, a area escura do interior das dunas marcianas de area se fixeron máis e máis visibles mentres o Sol primaveral fundía o xeo de dióxido de carbono, máis claro. Cando ocorren preto do cumio dunha duna, a area escura pode formar unha fervenza duna abaixo deixando raias escuras na superficie; as raias que poden parecer nun primeiro momento árbores fican por diante das zonas máis claras, pero non proxectan sombras. Nesta fotografía que abarca máis ou menos un quilómetro resólvense obxectos de máis ou menos 25 centímetros de diámetro. Os primeiros planos dalgunhas partes desta imaxe amosan penachos ondulados que indican que os desprendementos de area estaban a ocorrer incluso mentres se tiraba a imaxe.