Rosetta e cometa saínte

67p_sepnov_dp_600hCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach/SEN
Explicación: sen ser un cometa brillante, agora o 67P/Churyumov-Gerasimenko cruza paseniñamente os ceos do planeta Terra antes do mencer preto da liña dos planetas ao longo da eclíptica. Así, esta composición de imaxes telescópicas segue o progreso do cometa mentres se afasta do Sol máis alá da órbita de Marte, desde finais de setembro (esquerda) ata finais de novembro (no extremo dereito). As súas tenues pero estensas coma e colas óllanse contra un fondo cheo de cor de estrelas preto do bordo leste da constelación Leo. Hai un ano, antes do seu paso polo perihelio, o cometa estaba menos activo. Daquela o aterrador Philae da misión Rosetta fixo a súa histórica aterraxe, tomando terra sobre a superficie do núcleo do cometa.

18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD.