Os planetas da mañá

 planet_zodiac_beletskyCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)
Explicación: o horizonte do planeta Terra estrícase neste recente retrato de grupo do Sistema Solar, ollado desde o Observatorio Las Campanas do hemisferio sur. Tirada antes do mencer, perfila a eclíptica cunha formación familiar para os madrugadores de novembro. Cara o leste están os brillantes planetas Venus, Marte e Xúpiter así coma Regulus, a estrela alfa da constelación Leo. Como é natural, os planetas están inmersos no feble brillo da luz zodiacal, que se olla desde a parte escura erguéndose en ángulo desde o horizonte. Coñecida ás veces coma falso mencer, non é por accidente que tanto a luz zodiacal coma os planetas se atopan ao longo da eclíptica. Formada no disco protoplanetario, todos os planetas do Sistema Solar orbitan preto do plano da eclíptica, mentres o po preto do plano esparexe a luz solar, a fonte do tenue brillo zodiacal.