Descubríronse estranos buratos en Plutón


See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI
Explicación: por que hai estranos buratos sobre Plutón? As marcas descubríronse durante o sobrevoo da nave espacial New Horizons polo planeta anano en xullo. Os furados máis grandes teñen un quilómetro de diámetro e afúndense deceas de metros no interior dun lago de nitróxeno conxelado, un lago que se espalla polo Sputnik Planum, parte da famosa rexión con forma de corazón de cores claras denominada Tombaugh Regio. Aínda que a maioría dos buratos do Sistema Solar son creados por cráteres de impacto, estas depresións semellan diferentes: moitas teñen un tamaño parecido, están agrupadas densamente e aliñadas. Neste caso pénsase que algo provocou que estas zonas específicas de xeo sublimaran e evaporaran. De feito, a falla de cráteres de impacto na parte superior indica que estes buratos se formaron nunha época relativamente recente. Incluso aínda que a automatizada New Horizons está agora lonxe e cara un novo destino, segue a transmitir á Terra novas imaxes e datos do seu emocionante achegamento a Plutón.