Reciclando a NGC 5291

NGC5291_c80aSchedler1024Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team. Procesado: Johannes Schedler
Explicación: seguindo a unha antiga colisión galáctica a 200 millóns de anos luz da Terra, os refugallos procedentes da galaxia rica de gas, NGC 5291, foron botados polo vasto espazo intergaláctico. NGC 5291 e o posible intruso, tamén coñecido coma a galaxia “Seashell”, son captados preto do centro desta escena espectacular. A definida imaxe dun telescopio terrestre mira cara ao cúmulo de galaxias Abell 3574 na meridional constelación de Centaurus. Ao longo de colas de marea de 100.000 anos luz de lonxitude estíranse amoreamentos de galaxias que parecen ananas, pero que faltas de estrelas vellas, dominadas aparentemente por estrelas novas e rexións activas de formación estelar. As galaxias ananas, que conteñen normalmente grandes cantidades de elementos máis pesados có hidróxeno e o helio, probablemente naceron no espazo intergaláctico, reciclando os refugallos enriquecidos pola propia NGC 5291.