A nebulosa Pelícano de gas, po e estrelas

Pelican_Colombari_960Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Explicación: a nebulosa Pelícano está a ser transformada lentamente. IC 5070, a designación oficial, está dificida desde a máis grande nebulosa Norteamérica por unha nube molecular chea con po escuro. Porén, o Pelícano recibe moita atención porque é unha mestura particularmente activa de sformación estelar e nubes de gas en evolución. A imaxe publicada foi producida por tres cores específicas, luz emitida polo xofre, hidróxeno e o osíxeno, que poden axudarnos a comprender mellor esas interacción. A luz procedente das potentes estrelas enerxéticas están a transformar lentamente o gas frío en gas quente, coa fronteira avanzando entre as dúas, coñecida coma unha fronte de ionización, visible en laranxa brillante á dereita. Fican os tentáculos densos de gas frío. Millóns de anos desde agora esta nebulosa podería non ser coñecida máis coma o Pelícano, mentres o equilibrio e ubicación de estrelas e gas ficará seguramente algo que semella completamente diferente.

Repaso anual de astronomía: o editor do APOD dará un relatorio en xaneiro en Philadelphia e na cidade de New York
(e o tradutor ao galego en Ourense, Vigo e outras cidades galegas)