Créditos da animación: NASA‘s Johnson Space Center Explicación: vén sendo o obxecto máis sofisticado e grande construído nunca antes fóra da Terra. Levou numerosas viaxes espaciais e unha década
construíla. A
Estación Espacial Internacional (
ISS) é na actualidade o
primeiro hábitat para humanos en órbita terrestre e unha amalgama de sofisticados laboratorios en órbita que examinaron de todo desde a formación de
materiais novos e medicinas creadas en
microgravidade, polas limitación do corpo humano, ata a
composición do Universo. Este mes, a
ISS (siglas en inglés para a EEI) está a
celebrar os seus 15 anos de residencia humana continua. A
ISS foi visita por astronautas de 15 países ata o de agora e ten
socios internacionais liderados por
NASA (EUA),
Roscosmos (Rusia),
CSA (Canadá),
JAXA (Xapón) e
ESA (Europa). A
animación publicada amosa a construción peza por peza da
ISS desde 1998 ata 2011. A
ISS, que abarca a lonxitude dun campo de fútbol, pode
ollarse como unha
punto estrañamente brillante vagando paseniñamente no máis alto por calquera que saiba
cando e onde mirar.