Desenguedellando NGC 3169

n3169n3166_origCréditos da imaxe e  copyright: Warren Keller, Steve Mazlin, Jack Harvey, Steve Menaker (SSRO/ UNC/PROMPT/ CTIO)
Explicación: a galaxia espiral NGC 3169 semella desenguedellarse nesta escena cósmica, desenvolvida a uns 70 millóns de anos de distancia xusto por baixo da brillante estrela Regulus cara a constelación feble de Sextans. Os seus fermosos brazos espirais están retortor no interior das amplas colas de marea mentres NGC 3169 (arriba) e a veciña NGC 3166 interactúan gravitatoriamente, un destino común incluso para galaxias brillantes do universo local. De feito, os arcos estelares e os penachos prolongados, indicios das interaccións gravitatorias, semellan descontrolados na fonda e colorida foto de grupo galáctico. A imaxe abarca 20 minutos de arco ou uns 400.000 anos luz á distancia estimada do grupo, incluíndo a máis pequena e tenue NGC 3165 na parte inferior dereita. NGC 3169 tamén é coñecida por brillar ao través do espectro desde o radio aos raios X, albergando un núcleo galáctico activo que probablemente é o lugar un burato negro supermasivo.