NGC 1333: gardería estelar en Perseo

NGC1333_aae1024  Créditos da imaxe e copyright: Agrupació Astronòmica d’Eivissa/Ibiza (AAE), Alberto Prats Rodríguez
Explicación: NGC 1333 óllase en luz visible coma unha nebulosa de reflexión, dominada polas características cores azuis da luz estelar reflectida polo po interestelar. A só 1.000 anos luz de distancia cara a constelación heroica de Perseus, atópase no bordo unha gran nube molecular de formación estelar. Este espectacular primeiro plano abarca unhas dúas lúas cheas do ceo ou xusto uns 15 anos luz á distancia estimada de NGC 1333. Amosa detalles da rexión poeirenta xunto con indicios de emisión vermella que contrasta procedentes de obxectos Herbig-Haro, chorros e gas brillante impactado que emanan das estrelas formadas recentemente. De feito, NGC 1333 contén centos de estrelas de menos dun millón de anos de idade, a maioría aínda agochadas para os telescopios ópticos polo po estelar xeralizado. O contorno caótico pode ser semellante ao que había cando se formou o noso propio Sol hai uns 4,5 mil millóns de anos.