O Sol destruíndo o cometa ISON

Video Credit: NASA, ESA, SOHO

Explicación: a maior parte dos cometas non sobreviven a un encontro achegado co Sol. Aínda que este mes cúmprense dous anos do cometa ISON, que se pensaba era abondo grande para aturar o seu perigoso paso rasante do Sol. O vídeo publicado amosa o drama mentres era gravado polo Solar and Heliospheric Observatory (SOHO ou Observatorio Heliosférico e Solar), unha misión conxunta da ESA maila NASA. Mentres moitos terrestres ollaban fascinados, unha área brillante emerxía desde o seu punto máis achegao, pero atenuose axiña e dispersouse. Agora asúmese que ningún fragmento grande do cometa C/2012 S1 (ISON) sobreviviu. Ademais do cometa, pódese ollar o activo Sol expulsando refachos de plasma coñecidos coma execcións de masa coronal. Lanzado en 1995, o SOHO, que orbita ao Sol, convertiuse nun instrumento histórico no descubrimento e seguemento dos cometas coñecidos coma rasantes solares. Hai dous meses, un cometa denominado SOHO 3000 recibiu ese nome en honor do cometa rexistrado co número 3000 que se descubriu en imaxes do SOHO, o que supón a metade de todos os cometas coñecidos.