Procurando Venus baixo o arco Spitzkoppe


Mira a explicación. Move o cursos sobre a imaxe e terás unha versión anotada. Premento nela conseguirás a versión dispoñible a maior resolución.

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek; anotacións: Judy Schmidt

Explicación: que é iso do ceo? Aínda que hai moito que ollar nesta panorámica espectacular tirada durante as primeiras horas da mañá dun día de finais de setembro, o obxecto máis brillante era claramente o planeta Venus. Na imaxe publicada, Venus foi campato realmente ao través dunha ponte natural de rocha, en si mesma pintoresca, en Spitzkoppe, Namibia. O planeta, á esquerda da apertura, estaba complementado por unha silueta do astrofotógrafo á dereita. Por riba e máis alá da ponte de rocha estaban moitas iconas famosas dun ceo de noite escura, incluíndo d eesquerda á dereita, o cúmulo estelar das Pléiades, a nebulosa Orión, a brillante estrela Sirius e as Nubes de Magallanes Grande e Pequena. Esta semana, Venus fica visible ao leste do ceo antes do mencer, estando complementado por Marte, que está bastante achegado angularmente.