A nebulosa Cabeza de Meiga

IC2118_A_full900Créditos da imaxe e copyright: Jeff Signorelli
Explicación:dalle e remexe ben os problemas; dalle lume e que o caldeiro burbulle…” quizais Macbeth debería ter consultado a nebulosa da Cabeza de Meiga. Esta harpía cósmica, unha nebulosa de reflexión, cunha forma suxerente, está a uns 800 anos luz de distancia. A súa faciana arrepiante semella relocir cara a achegada estrela brillante Rigel de Orión, xusto fóra do bordo dereito do cadro. just off the right edge of this frame. Cun nome máis formal de IC 2118, a nube interestelar de po e gas ten case 70 anos de diámetro, cos seus grans de po reflectindo a luz estelar de Rigel. Neste retrato composto, a cor da nebulosa débese non só a intensa luz azulada senón a que os grans de po esparexen a luz azul de xeito máis eficiente que a vermella. O mesmo proceso físico fai que o ceo terrestre apareza azul durante o día, aínda que os difusores da atmosfera do planeta Terra son as moléculas de nitróxeno e osíxeno.

N.T.: a primeira frase é un intento humilde de traducir un verso de Shakespeare mantendo algo de ritmo e rima.