Burato negro masivo esnaquiza estrela de paso

Créditos do vídeo de animación:Goddard Space Flight Center da NASA, CI Lab
Explicación: que acontece cando unha estrela se achega demasiado a un burato negro? As observacións recentes de observatorios en órbita terrestre dun acontecemento alcumado ASASSN-14li, nun centro galáctico afastado, semellan estar a falar da historia do esnaquizamento dunha estrela. As variación na luz de alta enerxía, aínda que sen revolver angularmente, indican que parte da estrela comezou a esnaquizarse e transformarse nun disco xiratorio ao redor do escuro abismo. No hipotético escenario que se visualiza, formouse un chorro no eixo de xiro do burato negro. A parte interior do disco, coloreada en branco, brilla moi fortemente en raios X e pode dirixir un vento periódico, amosado en cor azul. As futuras observacións en raios X e ultravioleta de alteracións estelares por buratos negros, incluíndo os do centro da nosa propia galaxia, manteñen a promesa de explicarnos as dinámicas complexas dalgúns dos lugares de gravidade máis elevada e máis quentes da nosa galaxia.