Brillo desde a nebulosa do Corazón

Heart_Addis_960Copyright da imaxe: Simon Addis
Explicación: que hai no interior da nebulosa Corazón? Ao primeiro, a gran nebulosa de emisión alcumada IC 1805 que asemella, en conxunto, un corazón humano. A nebulosa brilla intensamente en luz vermella emitida polo seu elemento máis destacado: hidróxeno. O brillo vermello e a gran forma son creados por un grupo de estrelas preto do centro da nebulosa. No centro da nebulosa Corazón están as estrelas novas do cúmulo estelar aberto Melotte 15 que está a erosionar varios piares pintorescos coa súa potente luz e os seus ventos. O cúmulo aberto de estrelas contén unhas poucas estrelas brillantes con case 50 veces a masa do noso Sol, moitas estrelas febles con só unha fracción da masa do noso Sol e un microcuasar ausente que foi expulsado hai millóns de anos. A nebulosa Corazón está localizada a uns 7.500 anos luz de distancia cara a constelación de Cassiopeia. Na parte superior dereita está a compañeira nebulosa Cabeza de Peixe.