Xúpiter en 2015

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Amy Simon (GSFC), Michael Wong (UC Berkeley), Glenn Orton (JPL-Caltech)
Explicación: dous mapas globais relevantes das nubes altas en franxas de Xúpiter poden compararse con só esbarar o teu cursor sobre esta proxección definida (ou segue esta ligazón) realizada con datos de imaxes do Telescopio Espacial Hubble Space Telescope. Ámbalas dúas captáronse o 19 de xaneiro, durante as rotacións de 10 horas consecutivas do xigante dominado polo gas, as proxeccións do planeta completo representan a primeira dunha serie de retratos planificados anualmente polo programa Outer Planet Atmospheres Legacy (ou Legado de Atmosferas de Planeta Exterior). Comparando as dúas destácanse os movementos das nubes e as medidas de velocidades do vento da dinámica atmosférica do planeta. De feito, a Gran Mancha Vermella, a famosa tormenta xiratoria de longa duración, fachendea de ventos de 300 millas por hora, ollándose un filamento xiratorio e serpeante. As imaxes confirman que a Gran Mancha Vermella está aínda a encollerse, pero todavía é máis grande có planeta Terra. Posando preto dela (parte inferior dereita) está o Óvalo BA, tamén coñecido coma Mancha Vermella Júnior.