Fábrica estelar Messier 17

M17_colombari_1024Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO / MPIA / OAC, Ensamblaxe – R.Colombari
Explicación: esculpida polos ventos e a radiación estelares, a fábrica de estrelas coñecida coma Messier 17 atópase a uns 5.500 anos luz de distancia na constelación rica en nebulosas de Sagittarius. A esa distancia, este campo de vista dun terzo de grao de ancho abarca uns 30 anos luz. A definida imaxe composta en cor salienta detalles tenues das nubes de po e gas da rexión contra un telón de estrelas da Vía Láctea central. Os ventos estelares e a luz potente, procedentes das estrelas quentes e masivas formadas a partires do almacén de M17 de po e gas cósmico, escavaron paseniñamente o material interestelar sobro producindo a aparencia cavernosa e as formas onduladas. A M17 tamén se lle coñece coma a nebulosa Omega ou a nebulosa do Cisne.