O fracturado polo norte de Encélado de Saturno

EnceladusNorth_Cassini_960Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute
Explicación: o polo norte da lúa Encélado de Saturno é abraiantemente fascinante e complexo. A rexión setentrional, antes do último sobrevoo da nave espacial robótica Cassini, era coñecida sobre todo pola súa estrañamente elevada abundancia de cráteres. Porén, o sobrevoo da semana pasada enviou fotografías cun detalle sen precedentes, incluíndo a imaxe publicada que amosa os cráteres agardados xunto cun patrón arrevesado e inesperado de fracturas e fendas. O terreo crebado fora gravado en latitudes inferiores, con canóns fondos alcumados Raias de Tigre preto do polo sur de Encélado. As fracturas poden indicar unha interacción global entre a superficie e os posibles mares subterráneos, mares aos que se poderían dirixir as misións futuras na procura de signos de vida.