A Cruz do Sur nun ceo meridional

SouthernCrossSky_Fairbairn_960Créditos da imaxe e copyright: Carlos Fairbairn
Explicación: algunha vez ollaches a Cruz do Sur? Esta famosa constelación óllase mellor desde o hemisferio sur da Terra. Captada desde Río de Janeiro (Brasil), as catro estrelas brillantes que marcan a Cruz do Sur poden ollarse xusto por riba do horizon na imaxe publicada. Á esquerda desta constelación, tamén coñecida como a Cruz, está a estrela laranxa Gamma Crucis. A franxa de estrelas, po e gas que se ergue ao través do medio da mosaico de imaxes é parte da nosa galaxia Vía Láctea. Xusto á dereita da Cruz do Sur está a escura nebulosa Saco de Carbón e a nebulosa brillante no cumio da imaxe é a nebulosa Carina. A Cruz do Sur é unha constelación tan famosa que está representada na bandeira nacional de Australia.