Nubes mammatus sobre Saskatchewan

mammatus_lindsay_960Image Credit & Licence: Craig Lindsay, Wikipedia
Explicación: por que esta nube ten tantas burbullas? Normalmente, os fondos das nubes son planos. A planicie débese ao vapor de auga morno que se ergue e se arrefría e por tanto condensa en pingas de auga a unha temperatura específica, que normalmente se corresponde cunha altitude moi específica. Cando as pingas de auga medran fórmase unha nube opaca. Porén, baixo certas condicións os embolsamentos de nubes poden desenvolverse para conter grandes pingas de auga de auga ou xeo que caen no aire claro mentres evaporan. Tales embolsamentos poden acontecer no aire turbulento preto dunha tormenta. As nubes mammatus poden resultar especialmente espectaculares se a luz solar vén de lado. Estas nubes mammatus foron fotografadas sobre Regina, Saskatchewan (Canada) durante o verán de 2012.