A noite agocha o mundo

The Milky Way and planet Venus in the evening twilight over Lake Turkana, northern Kenya.Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Explicación: a estrelas aparecen mentre o crepúsculo do serán se atenúa nesta calma paisaxe celeste seguindo o proverbio persa “A noite agocha o mundo, pero desvela un universo”. A escena atopa o Sol poñéndose na Kenia setentrional e a noite axiña agochará as costas do lago Turkana, fogar de moitos crocodilos do Nilo. A rexión tamén é coñecida pola abundancia de fósiles de homínidos. Nesa noite do pasado novembro, un Venus brillante, daquela a estrela vespertina do mundo, domina os ceos estrelecifos de enriba. Pero tamén se desvelan estrelas tenues, nubes de po cósmico e nebulosas brillante xunto un arco grácil da nosa propia galaxia Vía Láctea.