A Trompa de Elefante en IC 1396

ElephantTrunk_Canonne_960  Créditos da imaxe e copyright: J.C. Canonne, P. Bernhard, D. Chaplain & L. Bourgon
Explicación: como unha ilustración galáctica do libro “Os contos de así foi”, a nebulosa da Trompa do Elefante envolve á nebulosa de emisión e o cúmulo novo de estrelas IC 1396, na afastada e elevada constelación Cepheus. Claro está que a trompa de elefante cósmica ten uns 20 anos luz de lonxitude. Esta composición foi gravada ao través de filtros de banda estreita que transmiten a luz procedente dos átomos de osíxeno, xofre e hidróxeno ionizado da rexión. A imaxe resultante salienta as cristas inclinadas cara atrás que perfilan paquetes de po frío e gas interestelares. Estas nubes con forma de gabián, incrustadas e escuras, conteñen o material bruto para a formación estelar e agochan protoestrelas no interior do po cósmico escuro. A case 3.000 anos luz de distancia, o relativamente feble complexo IC 1396 cobre unha rexión grande do ceo, abarcando uns 5 graos.