Po de estrelas en Perseus

PerseusCloud_hilborn1024
Créditos da imaxe e copyright: Lynn Hilborn
Explicación: esta enormidade cósmica de po, gas e estrelas cobre uns 6 graos do ceo na constelación heroica de Perseus. No extremo superior esquerdo da espectacular paisaxe celeste está o interesante cúmulo de estrelas novas IC 348 e a veciña nebulosa da Pantasma Voadora. Á dereita, outra rexión activa de formación estelar, NGC 1333, está conectada por gabiáns escuros de po nos arrabaldes da xigante Nube Molecular Perseus, a uns 850 anos luz de distancia. Outras nebulosas están esparexidas ao redor do campo de vista, xunto co feble brillo avermellado do gas hidróxeno. De feito, o po cósmico tende a agochar ás estrelas recén formadas e aos obxectos estelares novos ou protoestrelas dos axexantes telescopios ópticos. Colapsándose debido á súa propia gravidade, as protoestrelas fórmanse a partires dos núcleos densos incrustados na poeirenta nube molecular. Á distancia estimada da nube molecular, este campo de vista abarcaría case 90 anos luz.