A Lúa entrando na sombra da Terra

MoonEnteringShadow_Tzalavras Créditos da imaxe e copyright: Thodoris Tzalavras
Explicación: o 27/28 de setembro, observadores da Lúa desde toda a zona nocturna do planeta gozaron dunha eclipse total lunar. O emocionante e teatral espectáculo foi moi fotografado, pero esta imaxe da eclipse lunar semella un pouco estraña e familiar, feita cunha cámara dun só disparo dunha época antiga. A cámara Speed Graphic, cargada cun papel de película de 4×5 polgadas, fixouse a un trípode na illa de Chipre. Co seu disparador deixado aberto durante 90 minutos, gravou o ronsel da Lúa chea no perixeo desde o comezo da fase parcial da eclipse (no cumio) deica a media totalidade que atopou á Lúa preto do horizonte occidental. A Lúa, ao entrar na sombra da Terra, fíxose máis tenue e o seu ronsel lunar máis estreito mentres a eclipse progresaba.