Exhibición aérea en Plutón


Créditos do vídeo: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI, Stuart Robbins
Explicación: como sería unha exhición aérea por Plutón? A sonda espacial automática New Horizons acaba de facer isto o pasado xullo e continúa a enviar imaxes espectaculares do planeta anano. Algunas imaxes ben escollidas do sobrevoo xuntáronse dixitalmente nunha secuencia para crear o vídeo publicado. A animación comeza amosando o achegamento da New Horizon ao sistema de Plutón, con Plutón e a súa lúa máis grande Caronte orbitando un centro de masas común. Mentres a sonda espacial se bota en riba de Plutón exclusivamente, os abraiantes rasgos da superficie case se resolven ata que, por desgraza, rota axiña fóra da vista. Entón a New Horizons pasa xusto por riba unha rexión estrañamente suave, grande, fascinante, de cores claras e con forma de corazón denominada agora coma Tombaugh Regio. A sonda espacial pivota entón e mira atrás ao lado nocturno de Plutón, ollando unha brétema atmosférica envolvente. Por fin, Plutón palidece na secuencia final ilustrada coas órbitas de moitas das lúas máis pequenas de Plutón. Aínda que a humanidade non ten plans actuais de voltar a Plutón, a sonda espacial New Horizons ben pode estar a dirixirse ao vindeito sobrevoo dun asteroide que se coñece no presente só coma 2014 MU69.