Eclipse total lunar de súper-lúa e lóstregos de tormenta

LightningEclipse_Hervas_960Créditos da imaexe e copyright: Jose Antonio Hervás
Explicación: que é máis raro ca unha eclipse lunar total de súper-lúa? Pois unha eclipse lunar total de súper-lúa sobre os lóstregos dunha tormenta. Tal electrizante secuencia foi capturada onte desde Ibiza, unha illa ao surleste de España. Despois de programar a localización pola súa beleza e o intre para captar a secuencia completa da eclipse, a única cousa que tiña que colaborar para que este astrofotógrafo capturara unha secuencia memorable da eclipse era a meteoroloxía. O que parecía ser unha molestia sobre o horizonte volveuse unha benzón. A imaxe composta amosa unhas 200 fotografías combinadas dixitalmente desde a mesma localización durante o curso dunha noite. A Lúa chea está a poñerse mentres se esmorece a vermello dentro da sombra da Terra e despois volta á normalidade. Os lóstregos fortuítos óllanse reflectidos no Mediterráneo á dereita da illa rochosa de 400 metro de altura de Es Vedra. Aínda que a vindeira eclipse total dunha súper-lúa grande e brillante ocorrerá en 2033, a próxima eclipse total dunha lúa completa ocorrerá en xaneiro de 2018 e poderá ollarse mellor desde o leste de Asia e Australia.